Saturday 11 de May de 2024

A xornalista María Solar inicia unha nova actividade municipal feminista os cafés en lila


Os últimos martes a Biblioteca Central Rialeda acollerá unha nova actividade municipal feminista, os Cafés en Lila. Nun ambiente relaxado e distendido, con café e petiscos, conversarase directamente con distintas autoras galegas das súas obras, da escolla temática, do proceso de creación, os obstáculos atopados polo camiño etc.

Na primeira sesión, prevista para o martes 25 de abril ás 18:30 horas, participará a premiada escritora e xornalista María Solar. Na actualidade, coordina os programas de cultura da TVG e presenta o programa cultural ZigZag Fin de Semana. É unha das autoras máis lidas en Galicia, e foi traducida a numerosos idiomas. As persoas participantes poderán conversar sobre a súa obra A culpa (premio Xerais de novela), reflexionando sobre o nesgo de xénero deste sentimento e como se propaga a todos os ámbitos da vida.

Os Cafés en Lila é unha actividade aberta e gratuíta. Non é preciso inscribirse previamente.